Easy summary of Output 4

 

1. Que fixemos?

Creamos plans de estudos para 3 profesións.

As tres profesións son:

  • Experto en subtítulos fáciles de entender.
  • Experto en audiodescricións fáciles de entender.
  • Experto en noticias fáciles de entender.

Estes plans de estudos inclúen

as materias que os expertos teñen que estudar.

Un plan de estudos tamén se chama currículo.

Se temos máis dun currículo, falamos de currículos.

 

2. Cales son os resultados?

Creamos 3 currículos para cursos universitarios:

  • Un currículo para formar expertos en subtítulos fáciles de entender.
  • Un currículo para formar expertos en audiodescricións fáciles de entender.
  • Un currículo para formar expertos en noticias audiovisuais fáciles de entender.

Tamén creamos un MOOC.

MOOC quere dicir «Massive Open Online Course» (curso en liña masivo e aberto).

Tamén creamos unha lista de lectura.

Na lista de lectura podes atopar referencias bibliográficas sobre os 3 perfís profesionais.

 

Podes atopar todos os materiais no sitio web de EASIT.

Están dispoñibles en acceso aberto en DDD.

Podes acceder aos resultados a través deste enlace.

 

3. Quen pode usar os resultados?

Os profesores ou formadores

poden usar os currículos para deseñar novos cursos.

 

Os estudantes

poden usar os materiais para ver que tes que estudar.

 

Tes algunha dúbida?

Podes preguntarlle a Sergio Hernández Garrido.

O seu enderezo de correo é: hernande@uni-hildesheim.de.

Campus d'excel·lència internacional U A B