Universitat Autònoma de Barcelona
A Universitat Autònoma de Barcelona
é unha universidade de Barcelona, España.
A nosa universidade ofrece moitos plans de estudo.
Na nosa universidade tamén hai moitos grupos
que investigan diferentes temas.
TransMedia Catalonia é un grupo.
A Universitat Autònoma de Barcelona lidera o proxecto EASIT.
7 persoas da Universitat Autònoma de Barcelona traballan en EASIT.
Anna Matamala está a cargo do proxecto.
Ela é a coordinadora do proxecto.
Carme Mangiron encárgase da calidade do proxecto.
Ela é a directora de calidade.
Carme Mangiron tamén se encarga de dar a coñecer o proxecto.
Ela é a directora de difusión.
Paloma Sánchez encárgase dos documentos e do diñeiro do proxecto.
Ela é a administradora do proxecto.
Anna Fernández, Blanca Arias, Olga Soler e Pilar Orero
axudan no proxecto.
Elas son investigadoras.
Quen escribiu esta información?
Anna Matamala escribiu este texto.
Ela traballa na Universitat Autònoma de Barcelona.
Se quere saber máis sobre a Universidade,
pode escribirlle un correo electrónico.
O seu enderezo de correo electrónico é: anna.matamala@uab.cat