Stiftung Universität Hildesheim

Descargar MP3

 

Stiftung Universität Hildesheim

Somos unha universidade.

O noso nome é SUH.

SUH é a forma breve de Stiftung Universität Hildesheim.

Isto significa: Fundación Universidade de Hildesheim.

A nosa universidade está en Hildesheim.

Hildesheim é unha cidade do norte de Alemaña.

 

A SUH ten un centro de investigación sobre a linguaxe de lectura fácil.

Un centro de investigación é un equipo de persoas.

Estas persoas estudan un tema en particular.

O nome do centro de investigación da SUH é:

Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán.

 

Este centro de investigación

  • estuda a lectura fácil en Alemaña
  • produce materiais para formar a tradutores en lectura fácil en alemán
  • promove a inclusión e a lectura fácil en Alemaña
  • e elabora proxectos con moitos socios sobre a lectura fácil en Alemaña.

 

A SUH é socia de EASIT.

2 persoas da SUH traballan en EASIT:

Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido.

 

Christiane Maaß é a directora

do Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán.

Sergio Hernández Garrido é membro

do equipo do centro de investigación.

 

Quen escribiu esta información?

Sergio Hernández escribiu este texto.

Sergio Hernández traballa na SUH.

Se quere saber máis sobre a Universidade

ou o Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán,

pode escribirlle un correo electrónico.

 

O seu enderezo de correo electrónico é: hernande@uni-hildesheim.de

 

Campus d'excel·lència internacional U A B