Pérez-Barreiro Nolla, Fernando

Fernando Pérez-Barreiro Nolla, nado en Ferrol en 1931 e finado en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010, foi un escritor e tradutor galego. Fillo do escritor e avogado Fernando Pérez Barreiro, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla. Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Pequín. Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támese. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas, como A Nosa Terra e Tempos novos. (Fuente: Wikipedia)

Obras traducidas

1 resultado