1. Que fixemos?
Revisamos as tarxetas de destrezas que xa existen,
así como tamén documentos semellantes
para profesionais do campo da accesibilidade aos medios.
Identificamos as súas destrezas e competencias.
E vinculamos esas destrezas
aos novos perfís profesionais.
Creamos as tarxetas de destrezas
para os novos perfís profesionais
que poden crear información audiovisual fácil de entender.
2. Cales son os resultados?
Creamos tres tarxetas de destrezas diferentes:
Experto en subtítulos fáciles de entender
Experto en audiodescrición fácil de entender
Experto en xornalismo audiovisual fácil de entender
Cada tarxeta de destrezas ten catro unidades:
Unidade 1 | Normas e regulamentos da accesibilidade aos medios
Unidade 2 | Linguaxe fácil de entender
Unidade 3 | Subtítulos/Audiodescrición/Xornalismo audiovisual fácil de entender
Unidade 4 | A profesión
O informe completo está dispoñible
no sitio web do proxecto EASIT:
https://pagines.uab.cat/easit/en/content/output-3
3. Quen pode usar os resultados?
Os resultados empregáronse
para deseñar un currículo
para formar os novos profesionais.
Estás interesado en crear un currículo
ou formar profesionais coas tarxetas de destrezas?
Podes visitar o sitio web e ler o informe.
Tamén podes descargar as tarxetas de destrezas.
Tes algunha dúbida?
Podes preguntarlle a Pablo Romero-Fresco.
O seu enderezo de correo é: promero@uvigo.es.