于坚 (Yu Jian) | Décadas 1990-2000 | poesía
Edición en galego do poemario de Yu Jian (Yunnan-China, 1954), que se compón dunha serie de poemas e dun limiar da propia autora titulado “Falar cos lectores galegos do meu poema Voo”, no que fai un percorrido pola súa infancia e pola súa China natal, ademais de dar conta dos primeiros contactos que estableceu co mundo da poesía e das características máis salientábeis do seu poemario. En Voo o “acto de voar” está presente ao longo dos seus versos, o voar do pensamento, da memoria, o voar entre a historia e a realidade, o voar dos sentidos, etc. É un poema aberto no que o lector pode comezar por calquera verso xa que todos eles están unidos e á súa vez son independentes. (Editorial)